As novas tecnoloxías e o terceiro mundo
Lucía Solórzano Ruiz - 22-03-2007 22:22:20 | Categoria: General
A globalización está asociada con imaxes dun mundo sen distancias e fronteiras, con libre circulación de ideas, capitais e persoas en suma, a aldea global. O impresionante crecemento da interconexión e interdependencia económica, cultural e social entre países nas últimas dúas décadas inspirou visións poderosas dun mundo mellor e máis unido. http://www.unicef.orgOs beneficios da globalización están sendo desigualmente repartidos entre as diversas rexións, entre os diferentes países e no interior dos mesmos, o cal conleva severos procesos de fragmentación e polarización. A globalización dalles aos países extremadamente ricos novas oportunidades para gañar cartos de maneira máis rápida.
A globalización é unha paradoxa: beneficia moito a moi poucos á vez que exclúe ou marxina a dous tercios da poboación mundial. http://www.gestiopolis.com
Segundo a ONU, o manexo inadecuado dos fondos públicos, as distorsións do mercado e unha política de dereitos intelectuais inxusta conspiran para que os beneficios tecnolóxicos non cheguen aos países en vías de desenvolvemento. news.bbc.co.uk/hi/spanish/business/newsid_1431000/1431866.stm -28k -
No mundo actual no que vivimos, o desenvolvemento tecnolóxico avanza a pasos axigantados e con el, a brecha que separa a ricos de pobres, faise cada vez máis profunda e extensa, convertíndoa en cada minuto, e segundo que pase, en algo infranqueable. Na década dos anos 50 do século pasado falábase de que a distancia en anos que separaba aos países pobres dos ricos, era de aproximadamente 20 anos e parecíanos moita a distancia por percorrer para acadalos, hoxe en pleno século XXI, a brecha que nos separa equivale a case 1000 anos. A tecnoloxía expándese mentres o mundo estréitase.
A aldea global dá a impresión de proximidade entre todos, aínda que esa proximidade é virtual; en realidade estamos moi lonxe, o norte está cada vez máis ao norte, mentres que o sur está cada vez máis ao sur.
Non é unha visión fatalista o que se aprecia hoxe, é unha cruda realidade que mostra a todos as bontades dos adiantos tecnolóxicos que permanecen nas vidrieiras de fabulosos supermercados, mentres que o seu acceso lle está prohibido á maioría da poboación mundial.
Quen posúan os capitais dominarán a tecnoloxía, quen posúan a tecnoloxía dominarán a información e quen posúa a información dominarán ao mundo.
A información que se difunde é distorsionada e tendenciosa, en función de propósitos hexemonistas e co ánimo de transformar mentalidades e xerar estilos de vida que tendan ao consumismo, co cal proporcionarán plusvalía a quen ofrecen o servizo. A tecnoloxía non se desenvolve en función do benestar, senón en función do capital.
O enfrontamento á realidade actual que se determina como a dominación dos pobres polos ricos, só pode enfrontarse cunha globalización diferente, a globalización da solidariedade. http://www.ilustrados.com/publicaciones/EEEkFkVEFFdhwmtDLw.php
A Organización das Nacións Unidas, xunto co Instituto de Tecnoloxía de Massachussetts, presentan este ambicioso proxecto.
http://www.maestrosdelweb.com/actualidad/2504/Esta computadora costa $100 e foi deseñada para os nenos pobres do mundo. Pode usarse como unha computadora convencional ou libro electrónico, consola de xogos e ata de televisor.
Funciona con corda ou con electricidade, e consume moi pouco.
Procesador de 500Mhz
Memoria flash en lugar de disco duro
4 portos USB
Pantalla con tecnoloxía de LED que reducen o consumo de enerxía.
Segundo fontes extraoficiais, esta denominada MÁQUINA VERDE será vendida unicamente aos gobernos das nacións, e non ao público en xeral. http://www.maestrosdelweb.com/actualidad/2504/
Comentarios (0) - Referencias (0)