A integración das novas tecnoloxías na escola
Lucía Solórzano Ruiz - 23-03-2007 21:52:15 | Categoria: General
Debido á sociedade da información na que vivimos é necesario integrar as novas tecnoloxías (NNTT) na escola, polo que a formación dos profesores debe adaptarse a este novo recurso educativo, e tamén é considerado como un axente educativo xa que aporta potentes medios de socialización do estudiante fora da escola.A escola debe integrar as novas tecnoloxías dixitais nas aulas e centros educativos e debe modificar o modelo de ensinanza do curriculum na súa globalidade: cambios no papel do docente, cambios no proceso e actividades de aprendizaxe do alumnado, cambios nas formas organizativas da clase, cambios nas modalidades de tutorización…
O docente planificará un proceso educativo aberto, flexible, con fontes actuais, variadas, claras, motivadoras… mediante unha metodoloxía interactiva e cooperativa de traballo. Ademais debe saber analizar e perfeccionar a súa práctica educativa axudándose dos distintos axentes da comunidade educativa e colaborando con outros profesionais en proxectos comúns.
Un exemplo da introducción das novas tecnoloxías na escola é o que fan no C.R.A. (Colexio Rural Agrupado) de Ponteceso, un centro formado por outros centros pequenos, escolas unitarias, nas que se escolarizan nenos e nenas pertencentes a Educación Infantil e primeiros ciclos de Educación Primaria, que crea esta páxina web: http://www.craescuela.net
Este centro utiliza o modelo de comunicación democrático que se basea nun novo concepto de comunicación no que tanto o docente como o estudiante se converten en emisores e receptores activos de información. Os estudiantes son os protagonistas do proceso de comunicación e emisores críticos de información con poder de decisión sobre o que se ensina.
Con esta páxina web destacamos o papel liberador das novas tecnoloxías, entendido este como un servicio público ao que todos teñen acceso, e que favorece a análise crítica promovendo a pluralidade, a diversidade e o respecto as diferencias.
No C.R.A obsérvase unha postura práctica na que os profesores empregan as novas tecnoloxías reflexivamente favorecendo unha aprendizaxe significativa nos nenos. Con esta postura inténtase conseguir que os nenos e os profesores se familiaricen coas TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) na escola de forma flexible, utilizando unha variedade de medios para elaborar os seus propios recursos.
Ademais desta vantaxe tamén se presenta distinta información de forma máis comprensible e interactiva, como contos e debuxos, favorecendo así a motivación dos nenos, fomentando o traballo individual e colaborativo, a exposición clara de ideas, a facilidade de comunicación e creatividade.
Sen embargo, podemos destacar como inconveniente a inaccesibilidade a Internet dos nenos desde as súas casas, xa que ao entorno no que se ubica o C.R.A non chega a todos os fogares, impedindo así ás familias colaborar máis na educación dos nenos.
As NNTT son obxecto de estudo xa que o docente debe ensinar ao estudante a utilizalas adecuadamente, e en concreto no caso do C.R.A xa comezan ensinando o que é Internet por medio dunha experiencia simbólica, que consiste en formar unha rede con cordas, simulando unha tea de araña, por medio da cal os nenos se atopaban unidos para poder mandarse mensaxes e intercambiar información (textual e audiovisual) entre eles. Deste modo, conseguirían entender a finalidade de Internet e a posibilidade de comunicarse desde distintos puntos.
Por último, sería interesante resaltar que coa problemática sobre o desenvolvemento sostible nas zonas rurais, as asociacións creadas para desenvolver e axudar nos proxectos tendentes a manter a poboación cos recursos naturais e culturais de que se dispón recórdannos sempre que debemos formar persoas creativas, emprendedoras, que sepan aproveitar o medio para o seu desenvolvemento persoal e estabilidade futura na zona.
As NNTT son para a escola rural unha ferramenta importante. Proxectos como os C.R.A. xorden para contrarrestar o illamento, posibilitar proxectos comúns entre escolas, compartir recursos e favorecer a formación do profesorado.http://roble.pntic.mec.es/~jblesa/revista/99/comunico.htm
Comentarios (0) - Referencias (0)
